Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 24 de novembro de 2021

  DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  
 
                                                 


O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.
 Por iso, ELBCA quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.


E para que podades disfrutar aquí tedes algúns libros adicados a este tema.
Oxalá sexan do voso agrado!!!!
 




Resultado de imagen de el principe ceniciento libro



mércores, 17 de novembro de 2021

 

 

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
Este día lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección.
O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e recorde a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos eles.
Tamén é un bo día para entender as distintas maneiras de colaborar cos máis vulnerables, para que sexan recoñecidos os seus dereitos e deste xeito garantir o seu crecemento.




Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.