xoves, 20 de novembro de 2025
O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.
Por iso, a nosa mascota Leo T. quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.
martes, 18 de novembro de 2025
O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia para conmemorar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno un día coma este no ano 1959.
Establécense así unha serie de dereitos para os nenos e nenas coma os relativos á vida, saúde, educación, ao dereito a xogar, á familia, á proteción frente á violencia e discriminación, ... e, sobre todo, a que sexan escoitados.
Os nenos e nenas son persoas, parte dunha familia e dunha comunidade, cos mesmos dereitos e responsabilidades acordes á súa idade.
Co lema "Escoitar ao futuro" pídeselles aos adultos que escoiten e teñan en conta as súas opinións.
venres, 7 de novembro de 2025
SAMaÍN/ HALLOWEEN
O pasado 30 de outubro celebramos de novo o Samaín cunha terrorífica sesión de contacontos. Alumnos de 6º de E.P. presentaronse voluntarios para percorrer as diferentes aulas narrando historias de medo.
iframe src="https://drive.google.com/file/d/19djmkF5EagIDr160PFe9Sf_-PeaX6WDi/preview" width="640" height="480" allow="autoplay">
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.






