OUTONO E SAMAÍN
Outono e Samaín
venres, 30 de outubro de 2026
Ademais, os corredores e diferentes espazos do colexio están decorados cos murais elaborados para celebrar o Samaín, que enchen o centro de creatividade, imaxinación e un chisco de misterio.
Invitámosvos a descubrir estas lecturas, gozar das decoracións e deixarvos levar pola maxia dos libros e do outono.
Ler tamén pode ser unha aventura… arrepiante!
Hoxe, 30 de outubro celebramos de novo o Samaín cunha terrorífica sesión de contacontos. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ofrecéronse voluntariamente para percorrer as diferentes aulas do centro e compartir co resto dos compañeiros e compañeiras historias de medo que eles mesmos crearon.
Unha xornada chea de misterio, imaxinación e moitas emocións para gozar do Samaín dun xeito moi especial!
venres, 23 de outubro de 2026
A NOSA BIBLIOTECA, O MELLOR AGASALLO
A nosa biblioteca vaise enchendo pouco a pouco de cor, ilusión e novas historias.
Para dar a benvida ao novo curso, preparamos este mural co lema «É o mellor agasallo», porque un libro pode ser moitas cousas: unha aventura, un soño, unha viaxe, unha aprendizaxe ou simplemente un momento para gozar.
Descubrir, ler, soñar, imaxinar e aprender son algunhas das cousas marabillosas que nos ofrece a nosa biblioteca.
Agardamos que este pequeno recuncho anime a toda a comunidade educativa a achegarse aos libros e a gozar deles.
Porque ler sempre é un agasallo.
luns, 27 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO
O Día do Libro é unha celebración internacional que ten lugar o 23 de abril de cada ano. Esta data foi elixida para conmemorar o falecemento de dous grandes escritores da literatura mundial como foron Miguel de Cervantes e William Shakespeare que morreron o 23 de abril de 1616.
A festa ten como obxectivo promover a lectura mediante a difusión do coñecemento e amor polos libros.
Anteriormente fixeran un marcador para empregar cada vez que se acheguen a ler algún libro.
xoves, 5 de marzo de 2026
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este ano baixo o lema "Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas" intenta transmitir a necesidade de tirar abaixo todas esas barreiras que obstaculizan a igualdade na xustiza.
venres, 20 de febreiro de 2026
DÍA DE
ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este foi elexido por seren a data do seu nacemento alá polo ano 1837.
Como o ano pasado na planta baixa do edificio principal temos os traballos realizados polos alumnos para conmemorar o día.
Ademais, a través destes enlaces podedes facer unha viaxe para coñecer a Rosalía de Castro e pasalo ben.
ROSALÍA DE CASTRO
|
|
QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO? |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
ACTIVIDADES INTERACTIVAS | |
|
|
|
luns, 2 de febreiro de 2026
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
Coma todos os anos, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. A data elixíuse debido a que foi cando mataron a Mahatma Gandhi , principal figura da resistencia pacífica no mundo.
Como di o mural deste ano, necesitamos bos elementos coma a paciencia,o respecto, a empatía, a escoita, os coidados, ... para alcanzar a PAZ.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.



.jpg)



.rotado.rotado.jpg)








