Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

martes, 21 de novembro de 2023



 

         

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  
                                                   



O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.



Por iso, ELBCA quere recordárvolo e que o teñades presente sempre.

Ademais, para que disfrutedes un pouco aquí vos deixa un video conto de Superlola, a nena que ten superpoderes.
Oxalá sexa do voso agrado!!!!!

 
                                                                                                    

venres, 17 de novembro de 2023

 

Día Mundial da Infancia






O día Mundial da Infancia, que se celebra todos os ano o 20 de novembro, é dedicado a tod@s os nen@s do mundo.

Este día recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde teña nacido.

Adicar este día tamén serve para dar a coñecer as necesidades dos máis cativos e recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nen@s teñan un futuro mellor.

É un bo momento para colaborar cos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar.




Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.