martes, 22 de novembro de 2022
25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase en conmemoración de todas aquelas mulleres que foron vítimas deste delito. Pero tamén na honra daquelas que loitan contra el.
A data, 25 de novembro, foi elixida para conmemorar o asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana.
mércores, 16 de novembro de 2022
DIA UNIVERSAL DO NENO
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.
Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:
- Dereito á igualdade.
- Dereito á Protección.
- Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
- Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
- Dereito á educación e á atención ao diminuído.
- Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
- Dereito á educación gratuíta e a xogar.
- Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
- Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.
mércores, 25 de maio de 2022
UN CONTO DE CONTOS
domingo, 1 de maio de 2022
23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Os alumn@s de 5º tamén crearon os seus propios
carteis adicados a este día tan especial para min.
Aquí podedes ver os resultados.
Espero que vos gusten!!!!
martes, 8 de marzo de 2022
“Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible” é o lema deste ano 2022. Inténtase, deste xeito, recoñecer a contribución das mulleres de todo o mundo na construción dun futuro máis sostible.
Mais, non hai que esquecer que non se trata só dunha simple conmemoración.Dende todos os ámbitos sociais debemos reclamar que todos os días sexan 8 de marzo!!
E que mellor que comezar polas nosas aulas.
venres, 25 de febreiro de 2022
ENTROIDO NO CEIP LUIS PIMENTEL
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
mércores, 2 de febreiro de 2022
A través destes enlacer podedes facer unha viaxe para coñecer a Rosalía de Castro e pasalo ben.
ROSALÍA DE CASTRO
|
|
QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO? |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
ACTIVIDADES INTERACTIVAS |
|
|
|
|
|
venres, 28 de xaneiro de 2022