25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase en conmemoración de todas aquelas mulleres que foron vítimas deste delito. Pero tamén na honra daquelas que loitan contra el.
A data, 25 de novembro, foi elixida para conmemorar o asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana.
É tamén unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
ELBCA quere deixarvos dous libros adicados a este tema. Esperamos que gocedes da lectura.
0 comentarios:
Publicar un comentario