quinta viaxe
Ola de novo!!!!! Como podedes imaxinar sigo a viaxar.
No meu último destino, Detroit, detívenme un pouco máis pois os pais de Eli foron tan amables comigo que non tiña ganas de marchar.
Despois diso voei cara Asia, no outro extremo do mundo. Estou nun lugar onde o idioma oficial é o árabe, aínda que nas cidades máis turísticas tamén falan o inglés( menos mal que non se me dá mal, se non, a ver quen me entendía!!!).
Logo de visitar unha das zonas máis famosas alcumada a "Cidade rosa" e considerada unha das Sete Marabillas do mundo moderno, estou na súa capital pasando uns días.
Sabedes en que país me atopo?