Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

xoves, 12 de marzo de 2020

LA VOZ DE SEXTO A


Os alumnos de 6º A de EP estiveron a elaborar coa  colaboración da titora o seu propio xornal.
Agora temos un exemplar na nosa biblioteca. 
Os que queirades, podedes achegarvos e botarlle un ollo.






venres, 6 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)



O tema do Día Internacional da Muller de este ano é “Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”, porque este 2020 os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero están cobrando protagonismo.


Desde a biblioteca, queremos conmemorar este día co noso recuncho adicado a todas as mulleres, recuncho que este ano se traslada ao vestíbulo para todos aqueles que queiran disfrutar coa lectura.




Tamén e co lema MULLERES ADMIRABLES os alumnos están a realizar uns creativos  murais. Na biblioteca temos unha pequena escolma coa colaboración dos alumnos de 5º e 6º de primaria.




Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.