Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

INAGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR

xoves, 31 de marzo de 2016

O martes, 29 de marzo, quedou inagurada a nova biblioteca do centro coa actuación do monologuísta e ex alumno do colexio, Lois Pérez. 

Esperamos que se cumpran os seus desexos "... que a biblioteca que hoxe inauguramos sexa abordada a traizón a través das fiestras pol@s piratas infantes e que os libros lles permitan soñar co que aínda non pasou." 









ANIMATE A VIR Á BIBLIOTECA

martes, 15 de marzo de 2016

ÁBRESE A BIBLIOTECA NOS RECREOS

luns, 14 de marzo de 2016

Desde hoxe, o alumnado de EP pode gozar da lectura durante os recreos na Biblioteca Escolar.
Como houbo moita demanda foi necesario facer quendas, comezando polos alumnos e alumnas de 1º A e B


  
         





SEMANA DA PRENSA 2016

martes, 8 de marzo de 2016


Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que;polo menos, un día trabállase con xornais nas aulas.

Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

  • O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
  •  Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
  • Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
  • Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
  •  Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe poderás acceder á prensa.

BLOGMAESTRO » Semana de la prensa



Os xornais: Lina sale en el periódico (1º/2ºEP)

RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

luns, 7 de marzo de 2016



O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.






Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.

Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida  á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.

 O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.