Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que;polo menos, un día trabállase con xornais nas aulas.
Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:
- O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
- Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
- Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
- Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
- Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe poderás acceder á prensa.
BLOGMAESTRO » Semana de la prensa
RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA
0 comentarios:
Publicar un comentario