Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

venres, 17 de febreiro de 2023

 ENTROIDO 2023




Ola amiguiños, 
voltamos de novo ás grandes celebracións polo entroido. 


Despois de animar toda a semana coas consignas, o venres celebramos o GRAN DESFILE DE ENTROIDO 2023  no Luis Pimentel. Espero que vos divirtades!!!!



martes, 7 de febreiro de 2023

WHAT MONSTER?



O pasado 6 de febreiro os alumnos de 5º e 6º de EP asistiron ao auditorio Gustavo Freire para a representación da obra de teatro en inglés WHAT MONSTER? .





Trátase dunha obra na que os rapaces e rapazas poden ser actores por un día practicando o inglés. 
Aquí tedes algúns momentos da actuación.










 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. 

Ademais, aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Educación, quixemos que os nosos alumnos foran conscientes das dificultades que moitos outros nenos teñen para poder acudir á escola. 
Deste xeito, elaboraron un grande puzzle no que plasmaron as súas percepcións e o seu sentir con respecto a estas dúas temáticas.





Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.