Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

O ANTROIDO

domingo, 31 de xaneiro de 2016

O luns comeza a semana de Antroido coa primeira consigna:algo na cabeza(peiteado, perruca, sombreiro...)




DÍA DA PAZ, 29 DE XANEIRO

O venres, ás 12:15, todo o alumnado do colexio baixou ao patio para conmemorar o Día da Paz cantando as cancións que prepararon coas súas profesoras de música.






30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non violencia

venres, 8 de xaneiro de 2016



Un ano máis, o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, no 67 aniversario da morte de Gandhi.






Un dos nosos "Soños da Gaiola" é que todos os días do 2016 reine a PAZ, en todos os lugares da Terra.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
    que a ninguén fan mal.

Manuel María 

Lembrando a Xosé Neira Vilas, morto o 27 de novembro, escoitemos a canción da Paz "Cantarela dos nenos".



Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.