Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

IV CENTENARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES

xoves, 21 de abril de 2016


Con motivo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes, o alumnado de 4º, e 6º de EP  lembrárono  lendo algúns capítulos da súa obra mestra, "Don Quijote de la Mancha". Tamén renderon unha pequena homenaxe a Shakespeare. 
Mañá, os alumnos e alumnas de 5º lerán outros capítulos desta gran obra e algunhas frases soadas de William Shakespeare.


















Os nenos e nenas de 4 anos c e 5 nos A fixeron unha busca de pistas sobre Cervantes.

XIMCANA CERVANTES by Slidely Slideshow

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

domingo, 10 de abril de 2016

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega, O Inca. 

É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural.

Este 23 de abril coincide co  IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

 Se picades na imaxe podedes achegarvos á figura de Cervantes e don Quijote a través de diversas ligazóns e actividades para EI e EP.

En infantil para celebrar o día do libro elaboraron un libro sobre a fauna do Polo Norte.

Fauna do Polo Norte by Slidely Slideshow

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

domingo, 3 de abril de 2016

Desde 1967, o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros.




 


Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.