Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

domingo, 10 de abril de 2016

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega, O Inca. 

É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural.

Este 23 de abril coincide co  IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

 Se picades na imaxe podedes achegarvos á figura de Cervantes e don Quijote a través de diversas ligazóns e actividades para EI e EP.

En infantil para celebrar o día do libro elaboraron un libro sobre a fauna do Polo Norte.

Fauna do Polo Norte by Slidely Slideshow

0 comentarios:

Publicar un comentario

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.