Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

CONTOS COEDUCATIVOS NON SEXISTAS

martes, 6 de decembro de 2016


Érase dúas veces reescribe contos clásicos como A Cincenta, Brancaneves e Carapuchina e crean un novo imaxinario lonxe de mandatos de xénero e roles sexistas. 




Por exemplo, Cincenta independízase e vaise a vivir soa  e rexeita os zapatos de tacón. Brancaneves comparte piso con sete mozos e traballa nunha mina e Carapuchina ri da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo.





Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos.. 

Se os queredes ler xa están dispoñibles na biblioteca.


NOVO LECTOR NA BIBLIOTECA

Hoxe ao chegar á Biblioteca atopeime cun boneco de neve moi riseiro que levaba un conto nunha man e un xornal na outra. Cando lle preguntei que facía alí respondeume:

- Que vou facer, LER.



Veña, vide  á biblioteca a ler con el.

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

xoves, 24 de novembro de 2016



A semana do 1 ao 11 de decembro conmemórase a Constitución e o Estatuto de Autonomía. 
  Todo alumnado participa nesta celebración a través de lecturas, debates, debuxos...





Elbca, a nosa mascota, estivo a recompilar sobre o tema material que podedes utilizar estes días.

Picade en cada imaxe e descubriredes o que nos preparou a nosa amiga Elbca.












25 de novembro," Día Internacional contra a Violencia de Xénero."

mércores, 23 de novembro de 2016


"Nin un bico á forza"








Se picas na imaxe do conto podes ler esta historia que ensina a dicir NON


O SAMAÍN

domingo, 6 de novembro de 2016









24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

domingo, 23 de outubro de 2016

Ola!!!!
Sabiades que o día 24 celébrase o día das Bibliotecas. 
  Que vos parece se o celebramos indo ler un libro á Biblioteca.

Espérovos alí

BIBLIOTECA ESCOLAR - TERRITORIO DAS ARTES

luns, 3 de outubro de 2016




Ola a todos e todas!!

 Preséntovos o lema das Bibliotecas Escolares para este ano: "Biblioteca escolar - Territorio das Artes". Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora convidada a interpretar o lema anual.







Descubride o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a trasvés da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada. 



XA DE VOLTA!!!


A vindeira semana abrimos de novo as portas da nosa biblioteca dando a coñecer a nosa mascota ELBCA”.
Como tod@s sabedes a súa autora é Andrea Barreiro Fernández, alumna de 6ºA de Educación Infantil, o curso pasado.

O seu nome significa: Elefante-Bolboreta-Cabalo. Esperamos que vivades moitas aventuras na súa compañía.





XA TEMOS MASCOTA!!!!!

venres, 3 de xuño de 2016

A gañadora do concurso "Mascota da Biblioteca" foi Andrea Barreiro Fernández, alumna de 6ºEI (5aA). 


CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL

xoves, 12 de maio de 2016

UN DÍA DE CIRCO










FESTIVAL DE DANZA GALEGA

mércores, 11 de maio de 2016





FESTIVAL DOS MAIOS

martes, 10 de maio de 2016

CONTOS DE TRADICIÓN ORAL

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, durante este curso, coordinou un proxecto relacionado coa literatura oral e, máis concretamente, co conto de tradición oral.

 Neste proxecto, levado a cabo en todos os ciclos, fixéronse diferentes actividades: recollida de contos, ilustracións, sesións de contacontos...
Coincidindo coa Semana Cultural faise unha exposición dos diferentes traballos elaborados durante o curso e realízase as sesións de contacontos.






Sesións de contacontos 

Alumnado de 5ºA







Alumnado de 5ºB


____________________  



Alumnado de 5ºC


JORGE COIRA NA BIBLIOTECA DO COLE

luns, 9 de maio de 2016

Hoxe ábrense os actos da XXIII Semana Cultural coa charla de Jorge Coira dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.



PROGRAMA DA "XIII SEMANA CULTURAL"

mércores, 4 de maio de 2016

Para facer boca...

JORGE COIRA

domingo, 1 de maio de 2016


Añadir leyenda
O luns, día 9 de maio, comeza a Semana Cultural e o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP gozará coa presenza de Jorge Coira, director de cine e guionista.

Sabiades que é de Rábade e que gañou un "Goya"?

Se picades na imaxe obteredes máis información del

                                                                     

IV CENTENARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES

xoves, 21 de abril de 2016


Con motivo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes, o alumnado de 4º, e 6º de EP  lembrárono  lendo algúns capítulos da súa obra mestra, "Don Quijote de la Mancha". Tamén renderon unha pequena homenaxe a Shakespeare. 
Mañá, os alumnos e alumnas de 5º lerán outros capítulos desta gran obra e algunhas frases soadas de William Shakespeare.


















Os nenos e nenas de 4 anos c e 5 nos A fixeron unha busca de pistas sobre Cervantes.

XIMCANA CERVANTES by Slidely Slideshow

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

domingo, 10 de abril de 2016

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega, O Inca. 

É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural.

Este 23 de abril coincide co  IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

 Se picades na imaxe podedes achegarvos á figura de Cervantes e don Quijote a través de diversas ligazóns e actividades para EI e EP.

En infantil para celebrar o día do libro elaboraron un libro sobre a fauna do Polo Norte.

Fauna do Polo Norte by Slidely Slideshow

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

domingo, 3 de abril de 2016

Desde 1967, o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros.




 


INAGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR

xoves, 31 de marzo de 2016

O martes, 29 de marzo, quedou inagurada a nova biblioteca do centro coa actuación do monologuísta e ex alumno do colexio, Lois Pérez. 

Esperamos que se cumpran os seus desexos "... que a biblioteca que hoxe inauguramos sexa abordada a traizón a través das fiestras pol@s piratas infantes e que os libros lles permitan soñar co que aínda non pasou." 









ANIMATE A VIR Á BIBLIOTECA

martes, 15 de marzo de 2016

ÁBRESE A BIBLIOTECA NOS RECREOS

luns, 14 de marzo de 2016

Desde hoxe, o alumnado de EP pode gozar da lectura durante os recreos na Biblioteca Escolar.
Como houbo moita demanda foi necesario facer quendas, comezando polos alumnos e alumnas de 1º A e B


  
         





SEMANA DA PRENSA 2016

martes, 8 de marzo de 2016


Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que;polo menos, un día trabállase con xornais nas aulas.

Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

  • O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
  •  Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
  • Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
  • Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
  •  Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe poderás acceder á prensa.

BLOGMAESTRO » Semana de la prensa



Os xornais: Lina sale en el periódico (1º/2ºEP)

RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

luns, 7 de marzo de 2016



O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.






Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.

Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida  á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.

 O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.

179 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

mércores, 24 de febreiro de 2016

24 de febreiro de 1837, nace en Camino Novo, un arrabal de  Santiago de Compostela, Rosalía de Castro


Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Pica na imaxe

DESFILE DE ENTROIDO

mércores, 10 de febreiro de 2016

Desfilando no patio




Cantando as cantigas.



O alumnado de EI


O ANTROIDO

domingo, 31 de xaneiro de 2016

O luns comeza a semana de Antroido coa primeira consigna:algo na cabeza(peiteado, perruca, sombreiro...)




DÍA DA PAZ, 29 DE XANEIRO

O venres, ás 12:15, todo o alumnado do colexio baixou ao patio para conmemorar o Día da Paz cantando as cancións que prepararon coas súas profesoras de música.






30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non violencia

venres, 8 de xaneiro de 2016



Un ano máis, o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, no 67 aniversario da morte de Gandhi.






Un dos nosos "Soños da Gaiola" é que todos os días do 2016 reine a PAZ, en todos os lugares da Terra.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
    que a ninguén fan mal.

Manuel María 

Lembrando a Xosé Neira Vilas, morto o 27 de novembro, escoitemos a canción da Paz "Cantarela dos nenos".



Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.