Durante esta semana, personaxes terroríficos, bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus... saen dos contos e lendas para percorrer as aulas do colexio e mesturarse cos nenos e nenos que baleiran cabazas; fan doces con formas de morcegos, pantasmas..; escriben contos de medo; debuxan esqueletos... nun ambiente de troula e bo humor
XA CHEGOU O SAMAÍN
xoves, 29 de outubro de 2015
A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os pobos celtas celebraban o final da tempada das colleitas, antes do comezo da estación escura e dedicábanlla a Samaín. Pensaban que esa noite podían comunicarse cos seus antepasados; por iso, acendían fogueiras para guialos ata os seus antigos fogares. Pasado o tempo, estas fogueiras foron substituídas por cabazas que se baleiraban e nas que se acendía unha candea.
Durante esta semana, personaxes terroríficos, bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus... saen dos contos e lendas para percorrer as aulas do colexio e mesturarse cos nenos e nenos que baleiran cabazas; fan doces con formas de morcegos, pantasmas..; escriben contos de medo; debuxan esqueletos... nun ambiente de troula e bo humor
Durante esta semana, personaxes terroríficos, bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus... saen dos contos e lendas para percorrer as aulas do colexio e mesturarse cos nenos e nenos que baleiran cabazas; fan doces con formas de morcegos, pantasmas..; escriben contos de medo; debuxan esqueletos... nun ambiente de troula e bo humor
24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA
mércores, 21 de outubro de 2015
"Siempre imaginé que el Paraíso sería algún tipo de biblioteca." Jorge Luis Borges
Sabiades que...
Como xa sabedes, este curso estreamos a nova biblioteca que aínda está en vías de organización.
Para dala a coñecer a toda a comunidade educativa, que día mellor que "O Día da Biblioteca"!!!
PREPARAMOS O SAMAÍN
mércores, 14 de outubro de 2015
Contos para abrir...!!!
_______________________________________________
Sopa de calabaza from home
___________________________________
BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS
mércores, 7 de outubro de 2015
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elexido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares. A imaxe foi realizada polo ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno. O lema chama a traballar coa información, convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Máis información
Máis información
BENVIDOS E BENVIDAS A BIBLIOTECA!!!
Ola a todos e todas!
Co novo curso trasládase a Biblioteca para o primeiro piso.
O Equipo da biblioteca está a preparar e a organizar todo para que pronto poidades gozar dos vosos amigos, os libros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.