Un contacontos moi divertido sobre alimentación saudable!
Hoxe na nosa biblioteca, o alumnado de 3º de Educación Primaria, participou nunha divertida actividade de contacontos centrada na importancia dunha alimentación saudable.
A través das historias e dos chistes dun personaxe moi especial, os nenos e nenas descubriron a importancia de manter uns bos hábitos alimenticios e de coidar a súa saúde dunha maneira amena, entretida e chea de humor.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que o alumnado gozou, riu e aprendeu ao mesmo tempo.
<