Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

CONTOS COEDUCATIVOS NON SEXISTAS

martes, 6 de decembro de 2016


Érase dúas veces reescribe contos clásicos como A Cincenta, Brancaneves e Carapuchina e crean un novo imaxinario lonxe de mandatos de xénero e roles sexistas. 




Por exemplo, Cincenta independízase e vaise a vivir soa  e rexeita os zapatos de tacón. Brancaneves comparte piso con sete mozos e traballa nunha mina e Carapuchina ri da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo.





Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos.. 

Se os queredes ler xa están dispoñibles na biblioteca.


NOVO LECTOR NA BIBLIOTECA

Hoxe ao chegar á Biblioteca atopeime cun boneco de neve moi riseiro que levaba un conto nunha man e un xornal na outra. Cando lle preguntei que facía alí respondeume:

- Que vou facer, LER.



Veña, vide  á biblioteca a ler con el.
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.