Érase dúas veces reescribe contos clásicos
como A Cincenta, Brancaneves e Carapuchina e crean un novo imaxinario lonxe de
mandatos de xénero e roles sexistas.
Por exemplo, Cincenta independízase e vaise a
vivir soa e rexeita os zapatos de tacón.
Brancaneves comparte piso con sete mozos e traballa nunha mina e Carapuchina ri
da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo.
Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de
sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos..
Se os queredes ler xa están dispoñibles na biblioteca.
0 comentarios:
Publicar un comentario