Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

O DÍA DO LIBRO

luns, 23 de abril de 2018


Hoxe, día 23 de abril, celebramos no colexio o Día do Libro acudindo á biblioteca a ver varias representacións de contos realizadas polo alumnado de 5º e 6º de EP.

Poderedes gozar delas outra vez cando estén preparados os vídeos que se gravaron.




O RECUNCHO DE LECTURA

venres, 13 de abril de 2018


Hoxe, algunhas das alumnas "axudantes de Biblioteca" estiveron preparando o Recuncho de Lectura para conmemorar o  Día do Libro.




NOVIDADES


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Achegádevos á Biblioteca para que gocedes,neste mes de abril, lendo algunhas das novidades que se mercaron.

Boas lecturas!!!




 
































DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2018

domingo, 1 de abril de 2018



Ola amiguiños e amiguiñas!!




Lembrade que desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Déixovos estes enlaces para que gocedes da lectura dos libros escritos por Hans Chistian Andersen. Seguro que algúns deles léronvolos vosos pais e nais cando érades máis pequenos.




Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.