Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

martes, 22 de novembro de 2022

 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase en conmemoración de todas aquelas mulleres que foron vítimas deste delito. Pero tamén na honra daquelas que loitan contra el. 

A data, 25 de novembro, foi elixida para conmemorar  o asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana.

É tamén unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.

ELBCA quere deixarvos dous libros adicados a este tema. Esperamos que gocedes da lectura.



mércores, 16 de novembro de 2022

DIA UNIVERSAL DO NENO


Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.


O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.


Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:

  •  Dereito á igualdade.
  •  Dereito á Protección.
  •  Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
  •  Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
  •  Dereito á educación e á atención ao diminuído.
  •  Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
  •  Dereito á educación gratuíta e a xogar.
  •  Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
  •  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
  •  Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.


xoves, 3 de novembro de 2022

 O SAMAÍN VOLTOU AO COLE!!!


Este ano de novo a nosa biblioteca encheuse de meigas, esqueletos, pantasmas, ... para celebrar o samaín. Alumnos de sexto de primaria e profes contaron arrepiantes historias aos alumnos do centro.



Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.