Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 10 de maio de 2023

 SEMANA DO LIBRO



O equipo de biblioteca, para celebrar a Semana do Libro,  do 17 ao 21 de abril  levou a cabo diferentes actividades.




Os alumnos de 6º de EP fixeron de guías ao resto do alumnado e explicaron as normas da biblioteca.



Ademais, tivemos a BIBLIOPATIO: durante os recreos colocáronse expositores con libros para que todos aqueles que o desexaran, disfrutaran coa lectura.





venres, 31 de marzo de 2023

 

       

VEXO, VEXO 

        

  XACOBEO




Esta semana na biblioteca tivemos a visita duns pelegrins moi especiais. 



Durante dous días levouse a cabo unha actividade de divulgación do Camiño de Santiago para o alumnado de primeiro ciclo de EP. 












martes, 7 de marzo de 2023

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O tema deste 2023 no Día Internacional da Muller é Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero porque a innovación, o cambio tecnolóxico e a educación na era dixital é fundamental para alcanzar esa igualdade e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.  




Desde a biblioteca queremos conmemorar este día co noso recuncho adicado a todas as mulleres... 

venres, 17 de febreiro de 2023

 ENTROIDO 2023




Ola amiguiños, 
voltamos de novo ás grandes celebracións polo entroido. 


Despois de animar toda a semana coas consignas, o venres celebramos o GRAN DESFILE DE ENTROIDO 2023  no Luis Pimentel. Espero que vos divirtades!!!!



martes, 7 de febreiro de 2023

WHAT MONSTER?



O pasado 6 de febreiro os alumnos de 5º e 6º de EP asistiron ao auditorio Gustavo Freire para a representación da obra de teatro en inglés WHAT MONSTER? .





Trátase dunha obra na que os rapaces e rapazas poden ser actores por un día practicando o inglés. 
Aquí tedes algúns momentos da actuación.










 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. 

Ademais, aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Educación, quixemos que os nosos alumnos foran conscientes das dificultades que moitos outros nenos teñen para poder acudir á escola. 
Deste xeito, elaboraron un grande puzzle no que plasmaron as súas percepcións e o seu sentir con respecto a estas dúas temáticas.





Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.