A NOSA BIBLIOTECA, O MELLOR AGASALLO
A nosa biblioteca vaise enchendo pouco a pouco de cor, ilusión e novas historias.
Para dar a benvida ao novo curso, preparamos este mural co lema «É o mellor agasallo», porque un libro pode ser moitas cousas: unha aventura, un soño, unha viaxe, unha aprendizaxe ou simplemente un momento para gozar.
Descubrir, ler, soñar, imaxinar e aprender son algunhas das cousas marabillosas que nos ofrece a nosa biblioteca.
Agardamos que este pequeno recuncho anime a toda a comunidade educativa a achegarse aos libros e a gozar deles.
Porque ler sempre é un agasallo.
.jpg)