8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido
pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das
mulleres na sociedade.
“Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible” é o lema deste ano 2022. Inténtase, deste xeito, recoñecer a contribución das mulleres de todo o mundo na construción dun futuro máis sostible.
Mais, non hai que esquecer que non se trata só dunha simple conmemoración.Dende todos os ámbitos sociais debemos reclamar que todos os días sexan 8 de marzo!!
E que mellor que comezar polas nosas aulas.
0 comentarios:
Publicar un comentario