Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

venres, 12 de abril de 2024

 

cuarta viaxe



Ola de novo!!!
Supoño que adivinastes onde estiven estas dúas semanas pasadas. 
Agora ando polo norte de América visitando o lugar onde vive a nosa auxiliar Elizabeth. Ela, cando chegou ao colexio, contoume que esta cidade é considerada a capital mundial do automóbil pois as tres empresas máis importantes do país están alí: Ford, Chrysler e General Motors.
Tamén é coñecida polo son Motown, unha compañía discográfica que xogou un papel importante na música soul; de feito cantantes tan famosos coma Diana Ross e Stevie Wonder naceron alí.

A min o que me ten abraiado son os rañaceos que hai!!!! Vou subir a un e espero non marearme 😨😨




Ata pronto!! 👋👋👋







mércores, 20 de marzo de 2024

 

TERCEIRA VIAXE


    Ola!!
Atópome xa no meu novo destino e síntome un pouco conquistador coma Cristovo Colón pois aquí desembarcou no ano 1492. De feito, acabo de enterarme que foi o primeiro asentamento europeo permanente en América.

Sen embargo, actualmente é coñecido por ser o lugar máis visitado da zona: as súas praias, a temperatura e os hoteis dánlle a fama.
Precisamente eu estou parando no Hard Rock Hotel e podo dicir que é impresionante!!!!!



De que lugar se trata??




xoves, 7 de marzo de 2024

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)


Este ano para celebrar o Día Internacional da Muller o centro decidiu poñer en marcha un concurso de carteis.
Aquí tedes os gañadores




Ademais, desde a biblioteca, queremos comemorala como sempre co noso recuncho adicado a todas as mulleres.



xoves, 29 de febreiro de 2024

 

  SEGUNDA VIAXE


Ola, amiguiños!!!   

Sinto non ter aparecido antes pero despois de voar case que 19 horas e atravesar o océano Atlántico tiven que descansar.
Agora xa estou disfrutando deste novo e grande país 
(é o quinto máis grande do mundo!!!). 
Atópome nunha marabillosa cidade ao noroeste, unha das principais rexións comerciales, turísticas e de tecnoloxia do país. 
O meu amigo Canarinho contoume que foi a capital máis antigua fundada polos portugueses no século XVI e, ademáis de centros comerciais, ten moitos lugares históricos e museos.
Sen embargo, a min o que máis me está a gustar é a enorme praia que rodea a cidade.



 Adiviñades o seu nome???






martes, 20 de febreiro de 2024

DÍA DE 


 ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este foi elexido por seren a data do seu nacemento alá polo ano 1837.
No colexio tamén quixemos participar do acontecemento  cos traballos expostos na planta baixa do edificio principal.




luns, 5 de febreiro de 2024

 PRIMEIRA VIAXE



Ola,rapaces!!!                                                   


Acabo de chegar a este fantástico pobo para disfrutar do Entroido coa miña colega Papacontos. 

Aquí estas festas son moi importantes e duran un MES!!! De feito é o Entroido máis longo de España. 

As Pantallas son as estrelas da celebración e encarganse de vixiar que ninguén vaia polas rúas sen disfraz. Terei que mercar un!!!
O día máis importante é o Martes de Entroido co desfile de carrozas.
Sabedes onde estou??







venres, 2 de febreiro de 2024

 ELBCA VAI DE VIAXE

Ola amiguiños!!!                          


Despois de moitos anos de acompañarvos na biblioteca e de coñecer sitios marabillosos a través dos libros que me rodean, decidín viaxar polo mundo e visitar moitos deses lugares.

Quero que tamén vós participedes da miña aventura, aínda que sexa desde o colexio.

Por iso, vouvos propoñer un xogo:

Neste blog deixareivos pistas de cada unha das viaxes que faga para que adiviñedes onde me atopo. Poderedes facelo??? 

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.