Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

2 de abril,Día Internacional do Libro Infantil

mércores, 29 de marzo de 2017

Desde 1967, o 2 de abril,a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Nesta data búscase promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade..."


Día Internacional da Muller

domingo, 5 de marzo de 2017

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller que conmemora a presenza, traballo e rol da muller ao redor
do mundo.

O tema central do Día Internacional da Muller de 2017, que se celebra o 8 de marzo, será "As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030"

              Mensaxe de Phumzile Mlambo-Ngcuka, Directora Executiva de ONU Mulleres



Phumzile Mlambo-Ngcuka. (Photo: Marco Grob.)"Queremos construír un mundo do traballo distinto para as mulleres. A medida que crecen, as nenas deben ter a posibilidade de accedera a unha ampla variedade de carreiras, e débellas alentar a realizar eleccións que as leven máis aló das opcións tradicionais, nas áreas de servizo e atención, e permítanlles conseguir empregos na industria, a arte, a función pública, a agricultura moderna e a ciencia." Le a mensaxe 

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao de 10 de marzo celebramos a Semana da Prensa. O día 10 traballarase con xornais.

                                            Pica na imaxe e poderás acceder a calquera xornal.


Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.