Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 24 de novembro de 2021

  DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  
 
                                                 


O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.
 Por iso, ELBCA quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.


E para que podades disfrutar aquí tedes algúns libros adicados a este tema.
Oxalá sexan do voso agrado!!!!
 




Resultado de imagen de el principe ceniciento libro



mércores, 17 de novembro de 2021

 

 

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
Este día lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección.
O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e recorde a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos eles.
Tamén é un bo día para entender as distintas maneiras de colaborar cos máis vulnerables, para que sexan recoñecidos os seus dereitos e deste xeito garantir o seu crecemento.




venres, 29 de outubro de 2021

 

CHEGOU O SAMAÍN!!!!

HALLOWEEN IS HERE!!!!!!


Ola!!! De novo con vós!!!!

Este ano, aínda que non se pode visitar o meu recuncho da biblioteca, xa estamos a celebrar algunha actividade decorando os corredores e as aulas. O 31 é o Samaín e nenos e profesores andan coma "demos" e "bruxas" preparando todo.

Aquí vos deixo algunhas das que se estiveron a facer. Espero que non vos decepcionen.
 

O DUENDECILLO.

luns, 3 de maio de 2021

 O alumnado de 4º B de Educación Infantil,  con motivo do Día do Libro inventaron e ilustraron este bonito conto.



martes, 20 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO




Este ano, como xa sabedes, é diferente. Non podemos visitar a nosa biblioteca, ese recuncho cheo de aventuras e diversión, nin podemos facer actividades nela.
Por iso, e aproveitando que o vindeiro venres se celebra o Día do Libro, os alumn@s de 5º e 6º de primaria decidiron facelo dun xeito moi especial creando os seus propios carteis conmemorativos.
Aquí podedes ver os resultados. 
Espero que vos gusten!!!











Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.