Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 26 de xuño de 2019


O LEVANTAMENTO DAS ESCRITORAS

Hai uns días recibimos  no noso centro a visita dun grupo de alumnas do IES Ánxel Fole.
Viñan en representación dos seus compañeiros y compañeiras que participan no proxecto O levantamento das escritoras. Denuncian a invisibilización das escritoras nos libros de texto. Cada estudiante meteuse na pel da autora e encargouse de transmitila ao mundo desde a súa propia esencia. Levan moito tempo manifestando a súa indignación dunha forma peculiar. Participaron no espacio Con Voz de Muller de OpenRadio e nun proxecto colaborativo coa biblioteca Nodal a Semana do Libro. Foron polas rúas e transmitiron a súa mensaxe de forma vívida nas aulas do seu propio centro.  A súa demanda aparece, mesmo, na Axenda Cultural de Galicia.

Se estades interesados en saber máis acerca deste proxecto, aquí tedes os seguintes enlaces:
 







venres, 21 de xuño de 2019


O CALCETÍN MISTERIOSO


Ola amiguiños,
como vos dixen hai uns días, os nenos de 4 anos A visitaron a biblioteca para contar a historia dun calcetín que apareceu na súa clase.
 Aquel día non puidemos facer a gravación, pero xa a temos e eu,
Elbca, quero compartila con todos.





Espectacular, verdade?
Xa temos futuros contacontos para a biblioteca!!!

mércores, 19 de xuño de 2019


O CALCETÍN MISTERIOS


Ola, 

xa estamos rematando o curso pero na biblioteca aínda temos moito que ver.


A semana pasada os alumnos de 4 anos A visitarona para contarlles aos nenos de 6º curso a historia (baseada en feitos reais) dun calcetín.
                                                                                                                                                           



 Tanto o texto coma os debuxos do conto son saidos da súa imaxinación.
Aquí volo deixo. Espero que vos guste como a nós.
Moitas grazas 4 anos A pola vosa colaboración!!!




martes, 21 de maio de 2019

SEMANA CULTURAL

 
Hai uns días e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas estivemos a celebrar a XXVI Semana Cultural.



Este ano centróuse no tema do Medio ambiente. Os traballos realizados polo alumnado baseáronse na reciclaxe, no consumo responsable da auga, nas enerxías renovables...














Houbo unha chea de actividades: contacontos, actuacións musicais, obras de teatro, exhibicións,... e na biblioteca Francisco do Romualdo cos seus Cantares de cego








Por se vos perdestes algo, aquí vos deixo unha mostra.

UNHA SEMANA MOI ESPECIAL

domingo, 28 de abril de 2019

Para conmemorar o Día do Libro tivemos actividades ao longo de toda a semana. Dende o martes ata o xoves unha chea de contacontos percorreron as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria coas súas historias.


O venres día 26, e como remate, estiveron visitando a biblioteca Mickey e Minnie Mouse.




 Os personaxes de Disney contáronlles aos máis cativos o conto "A máxica rosa azul" e  agasalláronos cun marcapáxinas moi especial.







Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!


mércores, 17 de abril de 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO



Ola amiguiños, 
canto tempo sen publicar nada, verdade?
Pois é que estiven de ywwviaxe, visitando uns amigos aló polos Estados Unidos e non tiven nin tempo para escribir...

Xa sabedes que o 23 de abril conmemórase o DÍA  INTERNACIONAL DO LIBRO. 





A nosa biblioteca xa se está preparando para ese día porque nós tamén o imos celebrar:
Esa semana haberá sesións de contacontos. Os alumnos de 5º e 6º  serán os encargados das lecturas e levarán as aulas de infantil e primaria unha chea de aventuras.
E para rematar..., o venres día 26 teremos a visita de dous amigos moi especiais. Eles serán os encargados de poñer fin a unha semana tan especial coa lectura dun novo conto na biblioteca. 

Esperamos que vos gusten!!!!









venres, 8 de marzo de 2019

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O tema deste ano, "Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio", coloca a innovación por parte das mulleres, para as mulleres, no centro dos esforzos para lograr a igualdade de xénero.

 Desde aquí, queremos conmemorar este día co noso recuncho adicado a todas as mulleres... 




e co mural que podedes atopar na nosa biblioteca.



Ademais, os alumnos de 5º e 6º de primaria tamén quixeron deixar a súa pegada facendo uns carteis espectaculares. Aquí tedes unha mostra. 
Espero que sexa do voso agrado!!!.



xoves, 28 de febreiro de 2019

CHEGOU O ENTROIDO!!!




Ola, amiguiños.
Como podedes ver xa chegou o Entroido ao noso colexio. 





Os rapaces de cuarto e sexto elaboraron o mural que podedes atopar na entrada da biblioteca e que dá a benvida a estas divertidas festas.






Este ano o tema é o MEDIO AMBIENTE e A RECICLAXE. 
Por iso, as consignas para toda a semana están relacionadas con el. 


Estou abraiado coas marabillas que todo o colexio está a traer. 

luns, 28 de xaneiro de 2019

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. 

Para conmemoralo, os nenos de 3 anos,





 primeiro e segundo de primaria




 elaboraron os murais que podedes visitar na nosa biblioteca.



Ah! Case me esquezo de dicir que tamén contamos coa colaboración dos nosos axudantes.





venres, 25 de xaneiro de 2019

VISITA DA ESCRITORA MÓNICA RODRÍGUEZ 



O pasado mércores a escritora Mónica Rodríguez estivo na nosa biblioteca para falar dun dos seus libros.
Aínda que naceu en Oviedo, actualmente vive en Madrid.
Como ela mesma contou, despois de traballar durante anos nun centro de investigación, no ano 2009 decidiu pedir unha excedencia e adicarse por completo á súa grande paixón: ESCRIBIR
Xa ten publicados máis de 30 libros e recibido numerosos premios.







O libro que do que falou foi 

que trata do valor que cada un de nós lle dá ás cousas e como iso se reflicte na nosa personalidade durante toda a vida.
Esta dirixido a nenos de entre 7 e 8 anos. 
Se aínda non sabedes que ler, por que non probades con este?

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.