Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

martes, 7 de febreiro de 2023

WHAT MONSTER?



O pasado 6 de febreiro os alumnos de 5º e 6º de EP asistiron ao auditorio Gustavo Freire para a representación da obra de teatro en inglés WHAT MONSTER? .





Trátase dunha obra na que os rapaces e rapazas poden ser actores por un día practicando o inglés. 
Aquí tedes algúns momentos da actuación.










 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Un ano máis, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz que como sabedes é un día internacional no que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 Neste día  todos os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión. 

Ademais, aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Educación, quixemos que os nosos alumnos foran conscientes das dificultades que moitos outros nenos teñen para poder acudir á escola. 
Deste xeito, elaboraron un grande puzzle no que plasmaron as súas percepcións e o seu sentir con respecto a estas dúas temáticas.





luns, 19 de decembro de 2022

 Nadal na Biblioteca 







Este ano todos os alumn@s do colexio participaron na decoración da biblioteca.









                                        



Ademais, os nen@s de infantil e primeiros cursos de primaria pasaron deixar as súas cartas aos Reis Magos







Grazas e BO NADAL!!!!




martes, 22 de novembro de 2022

 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase en conmemoración de todas aquelas mulleres que foron vítimas deste delito. Pero tamén na honra daquelas que loitan contra el. 

A data, 25 de novembro, foi elixida para conmemorar  o asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana.

É tamén unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.

ELBCA quere deixarvos dous libros adicados a este tema. Esperamos que gocedes da lectura.



mércores, 16 de novembro de 2022

DIA UNIVERSAL DO NENO


Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.


O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.


Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:

  •  Dereito á igualdade.
  •  Dereito á Protección.
  •  Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
  •  Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
  •  Dereito á educación e á atención ao diminuído.
  •  Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
  •  Dereito á educación gratuíta e a xogar.
  •  Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
  •  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
  •  Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.


xoves, 3 de novembro de 2022

 O SAMAÍN VOLTOU AO COLE!!!


Este ano de novo a nosa biblioteca encheuse de meigas, esqueletos, pantasmas, ... para celebrar o samaín. Alumnos de sexto de primaria e profes contaron arrepiantes historias aos alumnos do centro.



luns, 24 de outubro de 2022

                                                 SAN FROILÁN 2022

Os alumnos de 6º curso quixeron dar a súa visión das festas máis populares de Lugo coa elaboración de carteis para o San Froilán.

Aquí tedes o resultado.







Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.