Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

SEMANA DA PRENSA 2016

martes, 8 de marzo de 2016


Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que;polo menos, un día trabállase con xornais nas aulas.

Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

  • O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
  •  Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
  • Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
  • Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
  •  Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe poderás acceder á prensa.

BLOGMAESTRO » Semana de la prensa



Os xornais: Lina sale en el periódico (1º/2ºEP)

RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA

0 comentarios:

Publicar un comentario

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.