Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

mércores, 7 de marzo de 2018





O Día Internacional da Muller Traballadoraconmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

O tema para o Día Internacional da Muller 2018, o 8 de marzo, é “Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres”.
Sabiades que o 8 de marzo foi unha data moi importante para as mulleres españolas? Pois si;xa que, o 8 de marzo de 1910 puideron acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións, ao aprobarse unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas” pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrución Pública.


Gozade e reflexionade con estas viñetas do humorista gráfico, Forges, nas que denuncia os problemas da muller e reclama un trato máis igualitario para elas.






Mafalda pensando no papel que tivo a muller ao longo da historia.



.Unámonos a Mafalda reclamando que todos os días do ano sexan o 8 de marzo.






0 comentarios:

Publicar un comentario

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.