Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 14 de novembro de 2018


mascota.jpg


Ola!!!

En decembro de 1996 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas invita a comunidade internacional a que o 16 de novembro se celebre o Día Internacional da Tolerancia con actividades dirixidas tanto a institucións educativas como ao público en xeral.

"A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e maneiras de ser humanos".
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO



Por iso, este venres celébramos o Día Internacional da Tolerancia e aproveito  para recordarvos que sexades máis respectuosos cos vosos compañeiros e compañeiras, familiares, amigos e amigas...; que saibades valoralos e valoralas;  e que respectedes as súas ideas aínda que non esteades de acordo con elas…


            





0 comentarios:

Publicar un comentario

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.