Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 5 de decembro de 2018


A Declaración Universal dos Dereitos Humanos celebra o    seu 70º aniversario
Resultado de imagen de imagenes dia dos dereitos humanosO 10 de decembro é o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948. Este ano, marca o 70 aniversario da Declaración, un documento histórico, que proclamou os dereitos de todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas… ni ningunha outra condición.
E sabedes que? É o documento máis traducido do mundo, dispoñible en máis de 500 idiomas.


venres, 23 de novembro de 2018



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  
 
                                                 


O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.

                       
Por iso PIRINGALLO e máis ELBCA queren recordárvolo e que o teñades presente sempre.
Ademais, para que disfrutedes un pouco tamén vos deixan unha guía de libros adicados a este tema e un video conto de Superlola, a nena que ten certos superpoderes.
Oxalá sexan do voso agrado!!!!!



                                         








Resultado de imagen de el principe ceniciento libro




                

luns, 19 de novembro de 2018

DIA UNIVERSAL DO NENO


         Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 .

O obxectivo do Día Universal do Neno é recordar  á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 


                         Resultado de imagen de dereitos dos nenos

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.

Velaí algún dos dereitos máis importantes:

·        Dereito á vida.
·        Dereito ao xogo.
·        Dereito a ter unha familia.
·        Dereito a ter un nome.
·        Dereito á saúde.
·        Dereito á alimentación.
·        Dereito a vivir en harmonía.
·        Dereito á educación.

mércores, 14 de novembro de 2018


mascota.jpg


Ola!!!

En decembro de 1996 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas invita a comunidade internacional a que o 16 de novembro se celebre o Día Internacional da Tolerancia con actividades dirixidas tanto a institucións educativas como ao público en xeral.

"A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e maneiras de ser humanos".
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO



Por iso, este venres celébramos o Día Internacional da Tolerancia e aproveito  para recordarvos que sexades máis respectuosos cos vosos compañeiros e compañeiras, familiares, amigos e amigas...; que saibades valoralos e valoralas;  e que respectedes as súas ideas aínda que non esteades de acordo con elas…


            





mércores, 31 de outubro de 2018



CHEGOU O SAMAÍN!!!!

HALLOWEEN IS HERE!!!!!!

 

 

Ola!!! 

Xa estamos rematando o mes e con el chega a noite máis esperada. Se vos pasades pola biblioteca veredes que tamén nos apuntamos. Ata eu me disfracei!!

Que vos parece?

 

 

 

mércores, 24 de outubro de 2018

Ola!!!!
Sabiades que o día 24 celébrase o día das Bibliotecas. 

Desde 1997, conmemórase este día. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. 

Por iso, anímovos a visitar a nosa esta semana... ou outra que teñades preto.
Un saúdo, amiguiños.

Ola!!

Xa estamos aquí!!!

 

Comezou un novo curso e, aínda que chegamos un pouco retrasados, estivemos traballando para vós.  
 

Esperamos que 
volvades visitarnos e gocedes lendo as historias que temos e seguiremos traendo.


Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.