Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

RECITAL DE POESÍAS DE LUÍS PIMENTEL

venres, 23 de marzo de 2018


Para clausurar a semana dedicada a Luís Pimentel con motivo do 60 aniversario da súa morte, o alumnado de EP preparou uns poemas para recitalos hoxe na nosa biblioteca.



Alumnado de 1º de EP













Alumnado de 2º EP






Alumnado de 3ºB





Alumnado de 3ºC









Alumnado de 4ºA



Alumnado de 4ºB






Alumnado de 4ºC





Alumnado de 5ºA



Alumnado de 5ºB





Alumnado de 5ºC












Alumnado de 6º












ACTIVIDADES SEMANA LUÍS PIMENTEL

xoves, 22 de marzo de 2018

Ola a tod@s!!


Xa podemos ver algúns dos traballos que estiveron a facer o alumnado do colexio e, tamén a ANPA.

Está é a caricatura gañadora do concurso realizado nas clases de plástica de 6º de EP. A súa autora é Candela Sande de 6ºA




Mañá, o alumnado de primaria lembrará a Luís Pimentel recitando algúns dos seus poemas aquí na biblioteca.
















SEMANA LUÍS PIMENTEL

domingo, 18 de marzo de 2018




Ola Piringallo!!, veño de dar un paseo polas aulas e os nenos e as nenas estaban a realizar traballos sobre Luís Pimentel.
Claro ELBCA, o luns ten que estar todo preparado para lembrar a este gran poeta lucense.
Estou a desexar ver o traballo de investigación que fixo o alumnado do "LUÍS PIMENTEL".

CONCURSO CARICATURAS "60 ANIVERSARIO LUÍS PIMENTEL"

venres, 16 de marzo de 2018


Ola amiguiños!!

Con motivo do 60 aniversario da morte de Luís Pimentel fixemos un concurso de caricaturas súas entre o alumnado de 6º.
A gañadora estará exposta na entrada do colexio.
Sen embargo, e debido ao grande nivel amosado, Piringallo e máis eu quixemos compartir con todos vós as outras finalistas.





Se queredes velas máis de preto, achegádevos á nosa biblioteca...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

mércores, 7 de marzo de 2018





O Día Internacional da Muller Traballadoraconmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

O tema para o Día Internacional da Muller 2018, o 8 de marzo, é “Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres”.
Sabiades que o 8 de marzo foi unha data moi importante para as mulleres españolas? Pois si;xa que, o 8 de marzo de 1910 puideron acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións, ao aprobarse unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas” pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrución Pública.


Gozade e reflexionade con estas viñetas do humorista gráfico, Forges, nas que denuncia os problemas da muller e reclama un trato máis igualitario para elas.






Mafalda pensando no papel que tivo a muller ao longo da historia.



.Unámonos a Mafalda reclamando que todos os días do ano sexan o 8 de marzo.






SEMANA ESCOLAR DA PRENSA

luns, 5 de marzo de 2018

Recordade que esta semana celébrase a Semana da Prensa.

Durante esta semana a Prensa ocupará un lugar destacado nas vosas aulas.

Aquí, nestes enlaces tamén podedes ler e informarvos sobre o xénero periodístico.











Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.