Nadal na Biblioteca
Como sempre nestas datas o NADAL chega á nosa biblioteca.
E dende aquí queremos desexarvos unhas divertidas lecturas.


O día Mundial da Infancia, que se celebra todos os ano o 20 de novembro, é dedicado a tod@s os nen@s do mundo.
Este día recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde teña nacido.
Adicar este día tamén serve para dar a coñecer as necesidades dos máis cativos e recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nen@s teñan un futuro mellor.
É un bo momento para colaborar cos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar.
O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares.
A biblioteca escolar é a primeira pola que pasan os nenos e nenas e na que lles aprenden a importancia dun libro. Tamén os pon en contacto con eses espazos de coñecemento e lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas e que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
O equipo de biblioteca, para celebrar a Semana do Libro, do 17 ao 21 de abril levou a cabo diferentes actividades.
O tema deste 2023 no Día Internacional da Muller é “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero” porque a innovación, o cambio tecnolóxico e a educación na era dixital é fundamental para alcanzar esa igualdade e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.
Desde a biblioteca queremos conmemorar este día co noso recuncho adicado a todas as mulleres...
Copyright © 2010 BIBLIOTECA CEIP LUIS PIMENTEL | Blogger Templates by Splashy Templates | Psd by BevelAndEmboss