Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

mércores, 20 de novembro de 2024



O día Mundial da Infancia, que se celebra todos os ano o 20 de novembro, é dedicado a tod@s os nen@s do mundo.

Este día recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde teña nacido.

Adicar este día tamén serve para dar a coñecer as necesidades dos máis cativos e recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nen@s teñan un futuro mellor.

É un bo momento para  colaborar cos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar.




 




mércores, 6 de novembro de 2024

 SAMaÍN/ HALLOWEEN


O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio cunha sesión de contacontos. Alumnos de 4º, 5º e 6º de E.P. presentaronse voluntarios para percorrer as diferentes aulas narrando historias de medo e de non tanto medo. 

Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.