DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado cada 3 de decembro, é unha das datas máis relevantes do calendario de dereitos humanos. O seu obxectivo é promover a dignidade, os dereitos e o benestar de todas aquelas persoas que viven cunha discapacidade, así como concienciar sobre a importancia de construir unha sociedade inclusiva e accesible.
Este ano no noso colexio tivemos unha invitada moi especial
que nos contou a súa experiencia na vida.



