8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este ano baixo o lema "Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas" intenta transmitir a necesidade de tirar abaixo todas esas barreiras que obstaculizan a igualdade na xustiza.

