Día Internacional contra a Violencia de Xénero
xoves, 23 de novembro de 2017
Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
A coeducación non debe quedar relegada á semana do 25 de novembro xa que se debe traballar ao longo do ano.
ELBCA, déixavos unha guía de libros adicados a este tema. Esperamos que gocedes da lectura.
PARA OS MÁIS PEQUENOS
ROSA CARAMELO DE ADELA TURÍN
Á pequena Laura xurdiulle unha dúbida moi importante: tíranse pedos as princesas? Afortunadamente, o seu pai posúe o libro secreto das princesas con todas as respostas ás súas preguntas.
PARA OS MAIORES
Pica na imaxe e goza da lectura
El principe-ceniciento de Susana Orte Ibustreta
COLORINA COLORADA , YA NO QUIERO SER UN HADA(VARIAS AUTORAS)
DÍA UNIVERSAL DO NENO
xoves, 16 de novembro de 2017
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.
- Dereito á igualdade.
- Dereito á Protección.
- Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
- Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
- Dereito á educación e á atención ao diminuído.
- Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
- Dereito á educación gratuíta e a xogar.
- Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación.
- Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.
DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA,16 DE NOVEMBRO
mércores, 15 de novembro de 2017
Ola!!!
Mañá celébrase o Día Internacional da
Tolerancia,un motivo máis para ser respectuosos cos nosos compañeiros e
compañeiras, familiares, amigos e amigas...; para valoralos e valoralas; para
respectar as ideas alleas...
"A tolerancia consiste no respecto, a aceptación e o aprecio
da rica diversidade das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e
maneiras de ser humanos".
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO
Esta afirmación procede da Declaración de Principios sobre a Tolerancia aprobada pola UNESCO en 1995.
O 16 de novembro a comunidade internacional celebra o Día Internacional da Tolerancia con actividades dirixidas tanto a institucións educativas como ao público en xeral.
Etiquetas:
Día Internacional da Tolerancia
CASTIÑEIRO, CASTAÑA, MAGOSTO...OUTONO
luns, 6 de novembro de 2017
Sabiades que o vindeiro venres celebrarase o magosto no patio do recreo...
Vide pola biblioteca para divertirvos lendo contos ao redor da castaña, dos soutos, as fragas...
SAMAIN
luns, 30 de outubro de 2017
As historias de medo, un ano máis , agárdanvos na biblioteca.
Pica na imaxe e entrarás no Samaín
CURSO 2017/2018
Ola!!
Que ben! Por fin comeza un novo curso, os meus amigos volven a biblioteca. Espero que gocen lendo historias que lles abren as portas ao mundo da fantasia.
Que ben! Por fin comeza un novo curso, os meus amigos volven a biblioteca. Espero que gocen lendo historias que lles abren as portas ao mundo da fantasia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.














