Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

venres, 2 de febreiro de 2024

 ELBCA VAI DE VIAXE

Ola amiguiños!!!                          


Despois de moitos anos de acompañarvos na biblioteca e de coñecer sitios marabillosos a través dos libros que me rodean, decidín viaxar polo mundo e visitar moitos deses lugares.

Quero que tamén vós participedes da miña aventura, aínda que sexa desde o colexio.

Por iso, vouvos propoñer un xogo:

Neste blog deixareivos pistas de cada unha das viaxes que faga para que adiviñedes onde me atopo. Poderedes facelo??? 

luns, 29 de xaneiro de 2024



 DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Cada 30 de xaneiro lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz; é un dereito da humanidade. Por iso dende a nosa biblioteca invitámosvos a celebrala todos os días.



Ao longo da historia creáronse diferentes símbolos para representar a paz: unha bandeira branca, a pomba,... pero para que todo isto sexa unha realidade temos que traballar cada día en facela posible.



Para lograr a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos a resolver de forma pacífica os conflictos do día a día.

venres, 19 de xaneiro de 2024

 




La educación es un derecho humano, un bien público y una responsabilidad colectiva.

Por eso, en el año 2018 la Asamblea General de las Naciones Unidas proclamó el 24 de enero Día Internacional de la Educación con el fin de celebrar el papel que la educación desempeña en favor de la paz y del desarrollo.


xoves, 21 de decembro de 2023

 

Nadal na Biblioteca



         

Como sempre nestas datas o NADAL chega á nosa biblioteca.








Este ano, de novo, os nen@s de infantil e primeiros cursos de primaria puideron deixar as súas cartas aos Reis Magos.




E dende aquí queremos desexarvos unhas divertidas lecturas.



                                  










martes, 21 de novembro de 2023



 

         

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  
                                                   



O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.



Por iso, ELBCA quere recordárvolo e que o teñades presente sempre.

Ademais, para que disfrutedes un pouco aquí vos deixa un video conto de Superlola, a nena que ten superpoderes.
Oxalá sexa do voso agrado!!!!!

 
                                                                                                    

venres, 17 de novembro de 2023

 

Día Mundial da Infancia






O día Mundial da Infancia, que se celebra todos os ano o 20 de novembro, é dedicado a tod@s os nen@s do mundo.

Este día recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde teña nacido.

Adicar este día tamén serve para dar a coñecer as necesidades dos máis cativos e recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nen@s teñan un futuro mellor.

É un bo momento para colaborar cos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar.




martes, 31 de outubro de 2023

 Samaín


DE NOVO a nosa biblioteca encheuse de meigas, esqueletEs, pantasmas, ... para celebrar o samaín. 












OS Alumnos de sexto de primaria PARTICIPARON NA NARRACIÓN DE arrepiantes historias a TODOS OS  NEN@S do centro.




















Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.