EDUCANDO EN IGUALDADE, 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VILOLENCIA DE XÉNERO
luns, 25 de novembro de 2019
Durante esta semana realizaranse actividades no centro para previr a "Violencia de Xénero" e fomentar a igualdade, base para o respecto mutuo.
"El logro de la igualdad de género requiere la participación de mujeres y hombres, niñas y niños. Es responsabilidad de todos."
Kofi Anan
Principiñas e Princesiños (Versión Estendida) from el espejo mágico producciones on Vimeo.

20 DE NOVEMBRO,DÍA INTERNACIONAL DOS NENOS E DAS NENAS
luns, 18 de novembro de 2019

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas.
Este día fainos lembrar que un neno ou unha nena é unha personiña que ten dereito a ir á escola, a recibir coidados médicos, a alimentarse, a ser protexido e protexida, a divertirse, a expresar as súas opinións...
venres, 15 de novembro de 2019
Ola!!
Por fin!!
Despois de tanto tempo volvo estar con vós. Que ben!!
A verdade é que as obras deixáronme patas arriba e aínda non temos a biblioteca totalmente en orde.
Pero xa era hora de volver!!!
Espero que sigades gozando da lectura desas historias que nos mergullan no mundo da fantasía.

mércores, 26 de xuño de 2019
O LEVANTAMENTO DAS ESCRITORAS
Hai uns días recibimos no noso centro a visita dun grupo de alumnas do IES Ánxel Fole.
Viñan en representación dos seus compañeiros y compañeiras que participan no proxecto O levantamento das escritoras. Denuncian a
invisibilización das escritoras nos libros de texto. Cada
estudiante meteuse na pel da autora e encargouse de
transmitila ao mundo desde a súa propia esencia. Levan moito tempo
manifestando a súa indignación dunha forma peculiar. Participaron no espacio Con Voz de Muller de OpenRadio e nun
proxecto colaborativo coa biblioteca Nodal a Semana do Libro. Foron polas rúas e transmitiron a súa mensaxe de forma vívida nas aulas do seu propio centro. A súa demanda aparece, mesmo, na Axenda
Cultural de Galicia.
Se estades interesados en saber máis acerca deste proxecto, aquí tedes os seguintes enlaces:
Presentación co proxecto: https://view.genial.ly/5cb5a7d265c1db0f2b385c38/presentation-levantamiento-de-las-escritoras
Axenda Cultural: https://www.cultura.gal/es/evento/52799/103/58969
Open Radio: https://soundcloud.com/user-199377122/el-levantamiento-de-las-escritoras
Axenda Cultural: https://www.cultura.gal/es/evento/52799/103/58969
Open Radio: https://soundcloud.com/user-199377122/el-levantamiento-de-las-escritoras
venres, 21 de xuño de 2019
O CALCETÍN MISTERIOSO
Ola amiguiños,
como vos dixen hai uns días, os nenos de 4 anos A visitaron a biblioteca para contar a historia dun calcetín que apareceu na súa clase.
Aquel día non puidemos facer a gravación, pero xa a temos e eu,
Elbca, quero compartila con todos.
Espectacular, verdade?
Xa temos futuros contacontos para a biblioteca!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.