Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

xoves, 12 de marzo de 2020

LA VOZ DE SEXTO A


Os alumnos de 6º A de EP estiveron a elaborar coa  colaboración da titora o seu propio xornal.
Agora temos un exemplar na nosa biblioteca. 
Os que queirades, podedes achegarvos e botarlle un ollo.






venres, 6 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)



O tema do Día Internacional da Muller de este ano é “Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”, porque este 2020 os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero están cobrando protagonismo.


Desde a biblioteca, queremos conmemorar este día co noso recuncho adicado a todas as mulleres, recuncho que este ano se traslada ao vestíbulo para todos aqueles que queiran disfrutar coa lectura.




Tamén e co lema MULLERES ADMIRABLES os alumnos están a realizar uns creativos  murais. Na biblioteca temos unha pequena escolma coa colaboración dos alumnos de 5º e 6º de primaria.




xoves, 20 de febreiro de 2020


A semana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o ENTROIDO no colexio. Este ano e coincidindo co tema do Proxecto de Dinamización Lingüística imos ir caracterizados de labregos, pastores, xardineiros, espantallos, segadores,...
Para ir ambientando o último día, o máis importante e emocionante para todos: o día do DESFILE, comezamos a semana coas consignas

xoves, 30 de xaneiro de 2020


DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Coma todos os anos, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Esta data elixíuse debido a que foi cando mataron a Mahatma Gandhi , principal figura da resistencia pacífica no mundo.



Este día ten por obxectivo a educación na e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos ,  a non violencia e a PAZ.









venres, 20 de decembro de 2019

CHEGOU O NADAL!!!





Como todos os anos o NADAL chegou á nosa biblioteca. E dende aquí queremos desexarvos unhas divertidas lecturas nestas festas.




EDUCANDO EN IGUALDADE, 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VILOLENCIA DE XÉNERO

luns, 25 de novembro de 2019

Durante esta semana realizaranse actividades no centro para previr a "Violencia de Xénero" e fomentar a igualdade, base para o respecto mutuo.




"El logro de la igualdad de género requiere la participación de mujeres y hombres, niñas y niños. Es responsabilidad de todos."
                                                             Kofi Anan  





Principiñas e Princesiños (Versión Estendida) from el espejo mágico producciones on Vimeo.

20 DE NOVEMBRO,DÍA INTERNACIONAL DOS NENOS E DAS NENAS

luns, 18 de novembro de 2019


O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. 

Este día fainos lembrar que un neno ou unha nena é unha personiña que ten dereito a ir á escola, a recibir coidados médicos, a alimentarse, a ser protexido e protexida, a divertirse, a expresar as súas opinións... 






Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.