Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

xoves, 4 de decembro de 2025


 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado cada 3 de decembro, é unha das datas máis relevantes do calendario de dereitos humanos. O seu obxectivo é promover a dignidade, os dereitos e o benestar de todas aquelas persoas que viven cunha discapacidade, así como concienciar sobre a importancia de construir unha sociedade inclusiva e accesible.




Este ano no noso colexio tivemos unha invitada moi especial 





que nos contou a súa experiencia na vida. 





xoves, 20 de novembro de 2025

 


25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero





O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.

Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.

 Por iso,  a nosa mascota Leo T. quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.



E para que podades disfrutar aquí tedes dous libros adicados a este tema.


                         



E un video moi interesante

  
        






Oxalá sexan do voso agrado!!!!

martes, 18 de novembro de 2025

 




O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia para conmemorar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno un día coma este no ano 1959.

Establécense así unha serie de dereitos para os nenos e nenas coma os relativos á vida, saúde, educación, ao dereito a xogar, á familia, á proteción frente á violencia e discriminación, ... e, sobre todo, a que sexan escoitados.

Os nenos e nenas son persoas, parte dunha familia e dunha comunidade, cos mesmos dereitos e responsabilidades acordes á súa idade.

Co lema "Escoitar ao futuro" pídeselles aos adultos que escoiten e teñan en conta as súas opinións.


venres, 7 de novembro de 2025

 

 SAMaÍN/ HALLOWEEN


O pasado 30 de outubro celebramos de novo o Samaín cunha terrorífica sesión de contacontos. Alumnos de 6º de E.P. presentaronse voluntarios para percorrer as diferentes aulas narrando historias de medo






Asimesmo, os corredores e cortizas do colexio estiveron cheos de arrepiantes motivos.








iframe src="https://drive.google.com/file/d/19djmkF5EagIDr160PFe9Sf_-PeaX6WDi/preview" width="640" height="480" allow="autoplay">

martes, 13 de maio de 2025

  

SEMANA DO LIBRO   



Este ano para conmemorar a semana do 22 ao 25 de abril tivemos unha chea de actividades: 

*En primeiro lugar, todos os alumnos do colexio contaron as súas razóns para ler, razóns que foron recollidas no noso mural da biblioteca.


*Tamén contamos coa visita dos alumnos do IES Muralla Romana, uns contacontos moi divertidos                                             
                                                                                              



* E por último, tivemos unha chea de voluntarios para recomendarnos aquel libro que máis lles gustou ler.

O próximo ano... máis e mellor!!






luns, 17 de marzo de 2025

 

CONCURSO NOVA MASCOTA


Xa temos nova mascota para a nosa biblioteca: o seu nome é Leo. T




A gañadora foi Nara Marcos de 4º A



En segundo e terceiro lugar quedaron respectivamente Lola Mon de 6ª C e Lucas Aulkemeier de 4º C.



Noraboa rapaces!!

E grazas a todos por participar.

luns, 24 de febreiro de 2025

 23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Este ano, para conmemorar a Rosalía, desde Dinamización Lingüística propúxose unha actividade moi musical.

Tomando como referencia o poema "Adiós ríos, adiós fontes", cada curso recibiu unha estrofa do mesmo e fixo un debuxo dela. Co conxunto resultante realizouse unha exposición na entrada do edificio principal


O día 21 o alumnado visitou a exposición e coa versión que Amancio Prada fixo en 1975 foi seguindo a ilustración de tan famoso poema.





Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.