O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia para conmemorar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno un día coma este no ano 1959.
Establécense así unha serie de dereitos para os nenos e nenas coma os relativos á vida, saúde, educación, ao dereito a xogar, á familia, á proteción frente á violencia e discriminación, ... e, sobre todo, a que sexan escoitados.
Os nenos e nenas son persoas, parte dunha familia e dunha comunidade, cos mesmos dereitos e responsabilidades acordes á súa idade.
Co lema "Escoitar ao futuro" pídeselles aos adultos que escoiten e teñan en conta as súas opinións.

0 comentarios:
Publicar un comentario