Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
Este día lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección.
O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e recorde a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos eles.
Tamén é un bo día para entender as distintas maneiras de colaborar cos máis vulnerables, para que sexan recoñecidos os seus dereitos e deste xeito garantir o seu crecemento.
0 comentarios:
Publicar un comentario