mércores, 20 de novembro de 2024
O día Mundial da Infancia, que se celebra todos os ano o 20 de novembro, é dedicado a tod@s os nen@s do mundo.
Este día recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde teña nacido.
Adicar este día tamén serve para dar a coñecer as necesidades dos máis cativos e recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nen@s teñan un futuro mellor.
É un bo momento para colaborar cos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar.
xoves, 10 de outubro de 2024
VISITA BOMBEIROS
O pasado 8 de outubro tivemos na biblioteca unha visita moi interesante: os bombeiros de Lugo
Ademais de mostrarnos as súas instalacións e os traxes de traballo,
explicaron que facer en caso de incendio.
Se queredes saber como actuar cando esteades nesa situación, aquí vos deixo un video moi útil e divertido.
venres, 21 de xuño de 2024
Concurso Elbca vai de viaxe
venres, 31 de maio de 2024
sexta viaxe
venres, 10 de maio de 2024
quinta viaxe
domingo, 21 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
O Día do Libro é unha celebración internacional que ten lugar o 23 de abril de cada ano. Esta data foi elixida para conmemorar o falecemento de dous grandes escritores da literatura mundial como foron Miguel de Cervantes e William Shakespeare que morreron o 23 de abril de 1616.
A festa ten como obxectivo promover a lectura mediante a difusión do coñecemento e amor polos libros.
Este ano, como o pasado, celebraremos este acontecemento durante toda a semana cunhas xornadas de contacontos. País/nais voluntarios/as visitarán a biblioteca para narrarnos algunas das súas historias favoritas.
E, de novo, volveremos a contar coa bibliopatio.
venres, 12 de abril de 2024
cuarta viaxe
Ola de novo!!!
mércores, 20 de marzo de 2024
TERCEIRA VIAXE
xoves, 7 de marzo de 2024
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)
Ademais, desde a biblioteca, queremos comemorala como sempre co noso recuncho adicado a todas as mulleres.
xoves, 29 de febreiro de 2024
SEGUNDA VIAXE
luns, 5 de febreiro de 2024
PRIMEIRA VIAXE

Ola,rapaces!!!
As Pantallas son as estrelas da celebración e encarganse de vixiar que ninguén vaia polas rúas sen disfraz. Terei que mercar un!!!
O día máis importante é o Martes de Entroido co desfile de carrozas.
Sabedes onde estou??
venres, 2 de febreiro de 2024
ELBCA VAI DE VIAXE
Ola amiguiños!!!
Despois de moitos anos de acompañarvos na biblioteca e de coñecer sitios marabillosos a través dos libros que me rodean, decidín viaxar polo mundo e visitar moitos deses lugares.
Quero que tamén vós participedes da miña aventura, aínda que sexa desde o colexio.
Por iso, vouvos propoñer un xogo:
Neste blog deixareivos pistas de cada unha das viaxes que faga para que adiviñedes onde me atopo. Poderedes facelo???
luns, 29 de xaneiro de 2024
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
venres, 19 de xaneiro de 2024
La educación es un derecho humano, un bien público y una responsabilidad colectiva.
Por eso, en el año 2018 la Asamblea General de las Naciones Unidas proclamó el 24 de enero Día Internacional de la Educación con el fin de celebrar el papel que la educación desempeña en favor de la paz y del desarrollo.