DÍA DO LIBRO
O Día do Libro é unha celebración internacional que ten lugar o 23 de abril de cada ano. Esta data foi elixida para conmemorar o falecemento de dous grandes escritores da literatura mundial como foron Miguel de Cervantes e William Shakespeare que morreron o 23 de abril de 1616.
A festa ten como obxectivo promover a lectura mediante a difusión do coñecemento e amor polos libros.
Este ano, como o pasado, celebraremos este acontecemento durante toda a semana cunhas xornadas de contacontos. País/nais voluntarios/as visitarán a biblioteca para narrarnos algunas das súas historias favoritas.
E, de novo, volveremos a contar coa bibliopatio.
0 comentarios:
Publicar un comentario