Esperamos que se cumpran os seus desexos "... que a biblioteca que hoxe inauguramos sexa abordada a traizón a través das fiestras pol@s piratas infantes e que os libros lles permitan soñar co que aínda non pasou."
INAGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR
xoves, 31 de marzo de 2016
O martes, 29 de marzo, quedou inagurada a nova biblioteca do centro coa actuación do monologuísta e ex alumno do colexio, Lois Pérez.
Esperamos que se cumpran os seus desexos "... que a biblioteca que hoxe inauguramos sexa abordada a traizón a través das fiestras pol@s piratas infantes e que os libros lles permitan soñar co que aínda non pasou."
Esperamos que se cumpran os seus desexos "... que a biblioteca que hoxe inauguramos sexa abordada a traizón a través das fiestras pol@s piratas infantes e que os libros lles permitan soñar co que aínda non pasou."
Etiquetas:
Inaguración da Nova biblioteca
ANIMATE A VIR Á BIBLIOTECA
martes, 15 de marzo de 2016
Etiquetas:
animación lectura,
Apertura biblioteca
ÁBRESE A BIBLIOTECA NOS RECREOS
luns, 14 de marzo de 2016
Como houbo moita demanda foi necesario facer quendas, comezando polos alumnos e alumnas de 1º A e B
SEMANA DA PRENSA 2016
martes, 8 de marzo de 2016
Do 7 ao 11 de marzo, todos os colexios de Galicia celebramos a Semana da Prensa na que;polo menos, un día trabállase con xornais nas aulas.
Cinco boas razóns para levar a prensa á escola:
- O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
- Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
- Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
- Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
- Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Se picas na imaxe poderás acceder á prensa.
BLOGMAESTRO » Semana de la prensa
RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
luns, 7 de marzo de 2016
O Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Moitos dos contos tradicionais que coñecemos fan do papel da muller algo convencional e esterotipado. Con todo, imos ver este vídeo onde se conta un conto moi coñecido desde outra perspectiva.
Na literatura infantil e xuvenil tamén hai moitos libros nos que podemos reflexionar sobre o papel da muller no mundo laboral. Se picades neste enlace podedes ver unha mostra dalgúns destes libros.
Houbo moitas mulleres que dedicaron toda a súa vida á Ciencia ( astronomía, medicina. botánica...), se picades aquí podedes coñecer algunhas delas.
O Álbum de mulleres, proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, móstranos a importancia dalgunhas mulleres galegas a través da historia.
Etiquetas:
Día Internacional da Muller
179 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO
mércores, 24 de febreiro de 2016
24 de febreiro de 1837, nace en Camino Novo, un arrabal de Santiago de Compostela, Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Pica na imaxe
DESFILE DE ENTROIDO
mércores, 10 de febreiro de 2016
Desfilando no patio
Cantando as cantigas.
O alumnado de EI
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.





