Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

CELEBRANDO A PAZ, 30 DE XANEIRO

luns, 30 de xaneiro de 2017

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Hoxe fun  dar un paseo polo cole e vin a todo o alumnado preparando  o día da Paz que, como
sabedes, celébrase o 30 de xaneiro para conmemorar a morte de Ghandi.

Nos seus  traballos reflicten a importancia da tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz.


CONTOS COEDUCATIVOS NON SEXISTAS

martes, 6 de decembro de 2016


Érase dúas veces reescribe contos clásicos como A Cincenta, Brancaneves e Carapuchina e crean un novo imaxinario lonxe de mandatos de xénero e roles sexistas. 




Por exemplo, Cincenta independízase e vaise a vivir soa  e rexeita os zapatos de tacón. Brancaneves comparte piso con sete mozos e traballa nunha mina e Carapuchina ri da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo.





Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos.. 

Se os queredes ler xa están dispoñibles na biblioteca.


NOVO LECTOR NA BIBLIOTECA

Hoxe ao chegar á Biblioteca atopeime cun boneco de neve moi riseiro que levaba un conto nunha man e un xornal na outra. Cando lle preguntei que facía alí respondeume:

- Que vou facer, LER.



Veña, vide  á biblioteca a ler con el.

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

xoves, 24 de novembro de 2016



A semana do 1 ao 11 de decembro conmemórase a Constitución e o Estatuto de Autonomía. 
  Todo alumnado participa nesta celebración a través de lecturas, debates, debuxos...





Elbca, a nosa mascota, estivo a recompilar sobre o tema material que podedes utilizar estes días.

Picade en cada imaxe e descubriredes o que nos preparou a nosa amiga Elbca.












25 de novembro," Día Internacional contra a Violencia de Xénero."

mércores, 23 de novembro de 2016


"Nin un bico á forza"








Se picas na imaxe do conto podes ler esta historia que ensina a dicir NON


O SAMAÍN

domingo, 6 de novembro de 2016









Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.