Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

SEMANA DA PRENSA

domingo, 5 de marzo de 2017

Do 6 ao de 10 de marzo celebramos a Semana da Prensa. O día 10 traballarase con xornais.

                                            Pica na imaxe e poderás acceder a calquera xornal.


ANTROIDO 2017

xoves, 23 de febreiro de 2017






CARLOS CASARES

Ola a todos e todas!!!!
Infórmovos que este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor Carlos Casares.

 Xa están na biblioteca algúns dos seus libros, vide pronto a lelos.










ROSALÍATE O 24 DE FEBREIRO

Rosalía  de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 e un ano máis se elixiu este día para lembrala. 




Rosalíate é o lema da AELGA para a conmemoración deste ano




Atopei estas ligazóns sobre distintos momentos da súa vida e dalgúns dos seus libros. Que gocedes coa lectura!!!  








CELEBRANDO A PAZ, 30 DE XANEIRO

luns, 30 de xaneiro de 2017

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Hoxe fun  dar un paseo polo cole e vin a todo o alumnado preparando  o día da Paz que, como
sabedes, celébrase o 30 de xaneiro para conmemorar a morte de Ghandi.

Nos seus  traballos reflicten a importancia da tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non Violencia e a Paz.


CONTOS COEDUCATIVOS NON SEXISTAS

martes, 6 de decembro de 2016


Érase dúas veces reescribe contos clásicos como A Cincenta, Brancaneves e Carapuchina e crean un novo imaxinario lonxe de mandatos de xénero e roles sexistas. 




Por exemplo, Cincenta independízase e vaise a vivir soa  e rexeita os zapatos de tacón. Brancaneves comparte piso con sete mozos e traballa nunha mina e Carapuchina ri da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo.





Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos.. 

Se os queredes ler xa están dispoñibles na biblioteca.


Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.